Céard, Henri

Céard, Henri

Escritor francés. Foi crítico dramático dos xornais Le Siècle, L’Evénement e Le Matin. De tendencia naturalista, publicou, entre outras obras, La saignée (A sangría), Les soirées de Médan (Na recolleita), e Terrains à vendre au bord de la mer (Terreos para vender á beira do mar, 1906). Para o teatro escribiu Les résignés (Os resignados, 1889) e Tout pour l’ honneur (Todo para o honor, 1890).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bercy

  • Deceso

    Lugar : París