Ceauşescu, Nicolaie
Político romanés. Militante da xuventude comunista desde 1936, emigrou á URSS durante a Segunda Guerra Mundial. Deputado en Romanía a partir de 1946, dous anos despois accedeu ao Comité Central do Partido Comunista. Chegou ao Politburó no 1955 e substituíu a Gheorghiu-Dej como primeiro secretario do PC romanés en 1965. Converteuse en presidente do Consello do Estado en 1967 e permaneceu no cargo ata o 1974, cando unha reforma constitucional lle permitiu autoproclamarse presidente da República. Gobernou apoiado pola Securitate, a policía política, e situou a diversos membros da súa familia en postos estratéxicos, co que construíu un réxime personalista e corrupto. As crises do petróleo tiveron especial incidencia no país pola política de proxectos megalómanos unida aos intentos de limitar a débeda externa do país e aumentar a taxa de natalidade. No exterior seguiu unha vía de aparente independencia política da URSS, co que acadou o respecto das potencias occidentais pero sen enfrontarse a Brežnev. Foi executado a raíz da revolución de 1989.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Scornice&# -
Deceso
Lugar : Bucarest