Cebola

Cebola
[ONOM]

Apelido galego que se rexistra castelanizado baixo a forma Cebolla. O étimo latino do que parte é cepŭlla e ten a súa orixe nun alcume irónico aplicado, probablemente, a individuos grosos, en especial a mulleres. Documéntase no s XIII: “Gunzina Zebola” (doc ano 1274 en M. Carmen Pallares Méndez/Ermelindo Portela Silva, El bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estrutura social, 1971, p 122). Non obstante , tampouco se pode desbotar a posibilidade de que proceda dun topónimo, de feito no concello de Zas existen os lugares de Cebola de Abaixo e Cebola de Arriba.

Palabras veciñas

ceboideo -a | Ceboksary | cebola | Cebola | cebolada | ceboleiro -ra | ceboliña