ceboleiro -ra

ceboleiro -ra

(< cebola)

  1. adx

    Que contén cebola.

    Ex: Non lle gusta nada a tortilla ceboleira.

  2. s m

    Lugar da horta no que se cultivan cebolas.

    Ex: Está no ceboleiro a recoller cebolas.

    Sinónimos: cebolada.
  3. s m

    Tipo de chourizos elaborados con cebola, carne de porco e outros ingredientes. Tamén se coñece co nome de chourizo ceboleiro. OBS: Úsase frecuentemente en plural.

  4. s

    Persoa que cultiva ou vende cebolas.

  5. s m

    Pao brando ou madeira pouco consistente que non serve para a construción.

  6. s f

    ariedade de mazá de cor rubia, forma redonda e sabor agridoce.

  7. s f [PLANTA]

    cebola.

  8. grilo ceboleiro [ANIMAL/ENTOM]

    grilo ceboleiro.

Frases feitas

  • Can ceboleiro. Persoa que come en todas as partes onde a convidan.

Palabras veciñas

cebola | Cebola | cebolada | ceboleiro -ra | ceboliña | ceboliño | Ceboliño