Cebolla
Cebolla
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajo (2.810 h [1996]). A economía baséase na produción agrícola (cereais, hortalizas, algodón e tabaco) e na gandería ovina e bovina. Destaca a igrexa parroquial do s XVII e o castelo de Villalba que pertenceu aos Templarios.