Cebrián Franco, Xoán Xosé

Cebrián Franco, Xoán Xosé

Sacerdote e profesor. Licenciado en Ciencias Sociais, Filosofía e Teoloxía, foi profesor de doutrina social da Igrexa, ética e socioloxía no seminario maior de Santiago e profesor de ensino secundario no instituto compostelán Arcebispo Xelmírez. Foi delegado episcopal de socioloxía e estatística do arcebispado de Santiago, consolidario diocesano da xuventude obreira católica e delegado episcopal de Caritas en Santiago de Compostela. Foi coautor de El trabajo manual del clero (1968) e Encuesta R.M.A. (religiosa, axiológica, moral): a jóvenes de 14-15 a 19-20 años (1985). Publicou unha serie de guías turísticas entre as que destacan Santiago (1971), Santiago y Galicia: Guía turística (1976), Guía para visitar los santuarios marianos de Galicia (1989) e Santuarios de Galicia (1991). Entre os seus estudios destacan Prostitución y Sociedad (1977), Juventud gallega: actitudes religioso-morales (1987), Una escuela para el camino: 75 aniversario de las Escuelas de la Inmaculada (1999), Hasta el fin de la tierra: las raíces del camino (1993), Santiago el hijo del trueno: biografía de Santiago Apóstol (1998) e El apóstol Santiago (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela