Cebu
Cebu
Cidade da illa de Cebu, na rexión de Visayan Central, Filipinas (688.196 h [1994]). A principal actividade económica é a industria, na que destacan as refinerías de azucre e a fabricación de calzado. Na agricultura salientan os cultivos de trigo, tabaco e cana de azucre. Centro de ensino superior: University of San Carlos, fundada no 1595; University of Southern Philippines, fundada no 1927; Southwestern University, fundada no 1946; e University of the Visayas, fundada no 1919. Fernão de Magallães descubriu a illa no 1521. A cidade foi fundada por Miguel López de Legazpi en 1565 e converteuse na primeira capital colonial das Filipinas ata o traslado a Manila en 1571.