Cecebre, encoro de

Cecebre, encoro de

Pantano situado sobre a confluencia do río Mero co seu afluente o Barcés. Serve de límite aos concellos de Cambre (parroquias de Bribes e Cecebre), Carral (parroquia de Vigo), Abegondo (parroquias de Orto, Crendes e Mabegondo) e Betanzos (parroquia de Piadela).