cecotrofia
cecotrofia
(< ceco- + grτροϕή ‘alimentación’ + -ia)
s
f
[ZOOL]
Proceso dixestivo propio dos coellos no que se produce un tipo de excremento moi brando e rico en proteínas e bacterias destinado a ser comido de xeito inmediato polo animal. Logo do paso da maioría dos alimentos polo tubo dixestivo, que favorece a dixestión da celulosa, defecan os excrementos finais, fibrosos e consistentes. De non realizar este tipo de coprofaxia, os coellos morrerían en menos de tres semanas.