Cedar Rapids
Cedar Rapids
Cidade do estado de Iowa, EE UU, á beira do río Cedar, afluente do Mississippi (108.750 h [1990]). Fundouse en 1849 e nela destacan as industrias alimentarias, farmacéuticas e a produción eléctrica, para a que aproveitan a forza motriz que proporcionan os rápidos do río.