cedilla
cedilla
(
-
s
f
Signo ortográfico semellante a unha coma, que se coloca debaixo do <c> en galego medieval (caçar, serviço) e noutras linguas, como o portugués (caçar, maciço, açúcar), o francés (menaçant, leçon) ou o catalán (calça, vençut), de maneira que representa unha consoante sibilante xorda, ben fricativa, ben africada, ante as vocais a, o e u.
-
ce con cedilla
Nome da letra <ç>, composta por un signo ortográfico semellante a unha coma que se coloca debaixo do c, usada no galego medieval e nalgunhas linguas, como o portugués, o catalán e o francés. OBS: Tamén se denomina ce cedillado.