cedo

cedo

(< lat cĭtu ‘axiña’)

  1. adv

    No comezo dun período de tempo.

    Ex: Érguese pola mañá cedo para facer deporte. Saíu á tarde cedo porque tiña que coller o avión.

  2. adv

    Antes do tempo habitual ou do momento no que se esperaba que sucedese.

    Ex: A nosa froita dáse cedo porque a veiga é moi soleada. Chegou cedo á entrevista. OBS: Pode aparecer reforzado coa preposición de formando a locución adxectiva de cedo que, aplicada a un froito, indica ‘que madurece antes de tempo’

    Antónimos: tarde.

Frases feitas

  • Cedo é noite/cedo é tarde. Indica que algo se debe facer xa, sen demora.