Celestino/Celestina

Celestino/Celestina
[ONOM]

Prenome procedente do latín Caelestinus, diminutivo de Caelestis. Presenta como hipocorísticos as formas Cilistro e Nuco, para o masculino, e Cilistra, para o feminino. Como prenome xa se atesta no s III pero popularizouse, sobre todo, a partir do século XV coa publicación de La Celestina (1499), obra de Fernando de Rojas. Pedro Celestino, futuro Celestino V (1215-1296), fundou a orde dos eremitas de san Damián. Na iconografía represéntase cunha tiara papal aos seus pés (símbolo da súa abdicación), e leva como atributo persoal unha pomba (alusión á súa elección popular ao papado). A súa festa celébrase o 19 de maio.

Palabras veciñas

Celestino III | Celestino IV | Celestino V | Celestino/Celestina | celestita | celestral | celeuma