Celidonio/Celidonia
Celidonio/Celidonia
[ONOM]
Prenome procedente do grego Kelidonios ‘semellante á andoriña’, a través do latín Chelidonios. Presenta as variantes gráficas Celedonio e Celedonia, e, como forma vulgar, Ciledón. San Celidonio (s III), patrón de Calahorra, celébrase o 3 de marzo, e santa Celidonia (s XII), eremita en Subiaco do Lazio, o 13 de outubro. Na tradición oral recóllense refráns como: “Por san Ciledón porretas (ou cabaciños) ao queixón”, “Por san Mitéreo e san Ciledón semea a porreta que lle vén a sazón”.