1 cella

1 cella

(

  1. s f

    Parte superior da órbita de cada un dos ollos cuberta de pelos.

    Ex: Deu un golpe na cella e houbo que lle dar tres puntos.

    Sinónimos: sobrecella.
  2. s f
    1. Conxunto de pelos que cobren o bordo superior da órbita ocular e que realizan unha función protectora.

      Ex: Ten unhas cellas moi perfiladas.

      Sinónimos: sobrecella.
    2. Cada un destes pelos.

      Ex: Arrincaba as cellas cos dedos.

  3. s f

    Parte que sobresae un pouco nalgúns obxectos.

  4. s f [MÚS]

    Peza de madeira, colocada entre o caravilleiro e o mastro, que nos instrumentos de corda ten a función de separar unhas cordas das outras da caixa e do mastro.

  5. s f [MÚS]

    Utensilio que se despraza polos trastes para elevar o ton da melodía. Esta mesma función tamén se pode realizar presionando as cordas co dedo índice.

Frases feitas

  • Queimar as cellas. Estudiar moito e con grande atención unha cousa.

Palabras veciñas

Celio/Celia | celioscopia | Celita | 1 cella | Cella | 2 cella* | Cellán de Calvos