Cella

Cella

Municipio da provincia de Teruel, Aragón, drenado polos ríos Guadalaviar e Jiloca, nas vertentes da serra de Albarracín (3.030 h [1996]). Na agricultura destacan os cultivos de cereais, hortalizas, vides e árbores froiteiras. Existe unha pequena gandería lanar e porcina. Posúe un acueduto escavado na rocha, de época romana, que tiña a función de transvasar as augas do Guadalaviar ata a chaira do Jiloca. Entre os seus monumentos destaca a Torre del Oro, igrexa parroquial de estilo barroco.