Celle

Celle

Cidade da Baixa Saxonia, ao NL de Hannover, Alemaña, drenada polo río Aller (72.200 h [1990]). Destaca pola súa artesanía da cera dende 1698. As fábricas de compoñentes electrónicos, produtos téxtiles e de equipamento para minas son as principais actividades económicas, xunto cunha refinería de petróleo. O núcleo antigo amosa edificios dende o s XVI ata o XIX coas trabes de madeira á vista.