Cellini, Benvenuto
Escultor e ourive. Aprendiz de prateiro en Florencia, estableceuse en Roma (1523-1540). Alí participou na defensa da cidade ante as forzas de Carlos V en 1527 e traballou para o Papa Clemente VII Medici. En 1540 trasladouse a París e traballou para Francisco I dentro da escola de Fontainebleau. Regresou a Florencia en 1545 e foi protexido por Cosme I de Medici. Autor de moitas pezas de ourivería, só se lle atribuíu con certeza o Saleiro de Francisco I (1540-1543), de ouro e esmaltes, coas figuras de Neptuno e Anfitrite. Na escultura destacan o Perseo (1545-1554), feito en bronce e que contén no pedestal un relevo de Andrómeda, a Ninfa de Fontainebleau (1543-1544), os bustos de Cosimo I (1548) e de Bindo Altoviti (1550?) e o Crucifixo de El Escorial. Aínda que foi considerado discípulo de Michelangelo Buonarroti, acadou unha personalidade propia plenamente integrada no manierismo. Escribiu numerosas rimas, dous tratados, Sull’oreficeria (Sobre a ourivería) e Sulla scultura (Sobre a escultura) e ditou a súa Vita (Vida, 1558-1562).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso