Celma, Juán Tomás

Celma, Juán Tomás

Pintor e cerralleiro. Traballou en Galicia a mediados do s XVI realizando as obras de pintura e dourado do retablo da Quinta Angustia na catedral de Santiago de Compostela (1565). En 1568 encargáronlle uns caixóns para gardar os ornamentos do convento de San Francisco. Tamén, cara ao 1568, traballou na igrexa de San Martiño de Noia. Así mesmo, realizou numerosas reixas. Ao redor de 1569 regresou a Valladolid, onde fixo as reixas do mosteiro de San Benito.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Valladolid

  • Deceso