celomado -da
celomado -da
(< celoma)
-
adx
Que ten celoma.
-
s
m
[ANIMAL]
Metazoo que pertence ao grupo dos celomados.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Conxunto formado polos animais triploblásticos que teñen celoma. No desenvolvemento embrionario, o seu mesoderma organízase e dá lugar a unhas masas simétricas a cada lado do tubo dixestivo que se transforman en vesículas pechadas. Os tecidos e os órganos están ben diferenciados e acadan un alto grao de complexidade. Son celomados os anélidos, equiúridos, sipúnculos, tardígrados, ectoproctos, pentastómidos, onicóforos, foronídeos, braquiópodos, priapúlidos, quetognatos, moluscos, artrópodos, equinodermos, pogonóforos, hemicordados, urocordados, cefalocordados e vertebrados.