celomado -da

celomado -da

(< celoma)

  1. adx

    Que ten celoma.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo que pertence ao grupo dos celomados.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Conxunto formado polos animais triploblásticos que teñen celoma. No desenvolvemento embrionario, o seu mesoderma organízase e dá lugar a unhas masas simétricas a cada lado do tubo dixestivo que se transforman en vesículas pechadas. Os tecidos e os órganos están ben diferenciados e acadan un alto grao de complexidade. Son celomados os anélidos, equiúridos, sipúnculos, tardígrados, ectoproctos, pentastómidos, onicóforos, foronídeos, braquiópodos, priapúlidos, quetognatos, moluscos, artrópodos, equinodermos, pogonóforos, hemicordados, urocordados, cefalocordados e vertebrados.

Palabras veciñas

celoblástula | celofán | celoma | celomado -da | celomático -ca | celomoduto | celomoporo