celoso -sa

celoso -sa

(< lat zelōsu)

  1. adx

    Que pon moito coidado á hora de facer algo.

    Ex: Desde que traballa con meniños, é unha persoa máis celosa no seu traballo.

    Confrontacións: dilixente.
  2. adx

    Que cumpre con rigor cos deberes, dereitos ou outras obrigacións.

    Ex: Foi sempre un avogado moi celoso dos ditames das leis.

  3. adx e s

    Que ten ou sente celos.

    Ex: O seu home está celoso do seu primo. Está celoso porque lle quitaron o primeiro premio.

Palabras veciñas

celoniquia | celosía | celosiado -da | celoso -sa | celosquise | celostato | celote