Céltigos
Céltigos
Arciprestado da diocese de Santiago que integra as parroquias da Riba (concello da Baña), Albite, Bugallido e Campolongo (concello de Mazaricos), Alborés, Antes e Baos (concello de Negreira), Alón, Arantón, Castriz, Cícere, Esternande, Fontecada, Grixoa, Mallón, Montouto, Padreiro, A Pereira, Santa Comba, Santa Sabiña e Ser (concello de Santa Comba), e Brandomil, Branduñas, Meáns, Muíño e Roma (concello de Zas).