Cenni di Pepo
Pintor. Coñecido como Cimabue, formouse en Florencia e en 1272 trasladouse a Roma onde coñeceu a obra de Pietro Cavallini. A súa arte sitúase nunha época de transición que separa o camiño que seguiu, posteriormente, Giotto di Bondone. Traballou na realización dos mosaicos da cúpula do baptisterio de Florencia en dúas escenas: Historia de Xosé e Imposición do nome ao Bautista. Acadou a madurez artística coa Maestà da igrexa florentina da Santa Trinità (1285?), que conserva elementos compositivos simétricos e modelos iconográficos bizantinos e na que atopou a terceira dimensión mediante a perspectiva do trono. Traballou na basílica superior de San Francesco, onde realizou a Crucifixión (1283?), e na inferior (1280?). Do seu último período son o Crucifixo da igrexa de Santa Croce de Florencia e o mosaico da ábsida da catedral de Pisa, onde traballou entre 1301 e 1302.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Pisa