centauro

centauro

(< lat centauru < grκένταυρος)

  1. s m [MIT]

    Ser mítico montruoso con busto e cabeza de home e coa parte posterior do corpo, dende o torso, de cabalo. Habitaba nas montañas de Tesalia e alimentábase de carne crúa. Tiña un espírito salvaxe e bárbaro, agás os centauros Quirón e Folos que eran benevolentes e gozaban dunha xenealoxía diferente ao non participar da brutalidade dos seus conxéneres. Ten a súa orixe nos amores entre Ixión e unha nube á que Deus lle dera aparencia de Hera e que mandara a Ixión para ver se este se atrevía a consumar a súa paixón sacrílega. O episodio máis destacado da súa lenda é o combate cos lapitas, onde se enfrontaron con Teseo, Néstor e Heracles. Este feito inspirou representacións artísticas de diversos templos como o de Zeus en Olimpia e as métopas do Partenón de Atenas.

  2. s m [HERÁLD]

    Figura que se representa pasante e xeralmente armada cunha porra.

Palabras veciñas

centáurea | Centaurea | Centaurium | centauro | Centauro | centavo -va | Centcelles