Centcelles
Centcelles
Antigo termo do municipio de Constantí (Tarragona). Ten un mausoleo romano do Alto Imperio reconstruído durante o s IV d C, época na que tamén se edificaron unhas termas. Os restos do mausoleo presentan planta rectangular e constan dunha sala cadrada que se comunica con outra circular, cuberta cunha cúpula decorada na súa parte interior cun mosaico policromo que reproduce unha cacería, escenas do Antigo e do Novo Testamento, as catro estacións e figuras humanas entronizadas. Na Idade Media empregouse como capela dedicada a san Bertomeu, e posiblemente foi o sepulcro do Emperador Constantino, fillo de Constantino I o Grande, morto no ano 350 nas Galias.