Centelles
Centelles
Municipio da comarca de Osona, Barcelona, Catalunya (5.771 h [1996]). A zona occidental e oriental do termo están accidentadas polos relevos tabulares de Collsuspina. A súa base económica é a industria téxtil e no sector primario destaca a agricultura de secaño e a gandería avícola e porcina. Conserva unha igrexa parroquial construída en 1711 e refeita despois das destrucións napoleónicas, se ben existe documentación sobre a súa fundación no ano 898. Na Praza Maior está o palacio dos condes do castelo de Centelles, construído despois da Guerra de Sucesión (1700-1714).