centrar
(< centro)
-
v t
Antónimos:
descentrar.
-
Dispor algunha cousa para que quede debidamente colocada no centro doutra ou que ambas as dúas queden concéntricas.
Ex: O debuxo centrarémolo na páxina.
Sinónimos: encadrar. Antónimos: descentrar. -
Colocar unha peza de maneira que o eixe xeométrico coincida co eixe de rotación.
Ex: Tivemos que parar a máquina e centrar o eixe da engrenaxe.
-
[FÍS]
Colocar unha lente, un espello, etc, de maneira que o seu eixe xeométrico coincida co eixe óptico do sistema.
-
-
v t
Constituír algo ou alguén o centro de atención.
Ex: As novas hipóteses centraron o interese da comunidade científica. Os dous nenos centraron a atención dos adultos.
-
v t
Conducir a acción ou o interese cara a un obxectivo determinado.
Ex: Centrou os seus esforzos en converterse nun grande atleta.
-
v t
[DEP]
Lanzar o balón, pelota ou disco (en deportes colectivos de oposición, fundamentalmente no fútbol) dende unha banda do campo cara á parte central do terreo de xogo, próxima á meta defendida polo equipo contrario, para que outro xogador o poida rematar.
Ex: Centráronlle o balón e rematou a gol. Este extremo centra moi ben.
-
v pron
Dirixirse cara a un obxectivo determinado.
Ex: Centrouse desde neno na creación pitórica. O seu estudo centrouse na literatura da Antigüidade.
-
v pron
Acadar a seguridade necesaria ou o dominio preciso ante unha situación nova.
Ex: Aínda non acabamos de centrarnos desde que nos cambiamos de domicilio.
Palabras veciñas
centralizador -ra | centralizar | Centranthus | centrar | centrárquido -da | Centre National de la Recherche Scientifique | Centre National d’Art et de Culture Georges PompidouIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centro
centras
centra
centramos
centrades
centran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centraba
centrabas
centraba
centrabamos
centrabades
centraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrei
centraches
centrou
centramos
centrastes
centraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrara
centraras
centrara
centraramos
centrarades
centraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrarei
centrarás
centrará
centraremos
centraredes
centrarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centraría
centrarías
centraría
centrariamos
centrariades
centrarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centre
centres
centre
centremos
centredes
centren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrase
centrases
centrase
centrasemos
centrasedes
centrasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrar
centrares
centrar
centrarmos
centrardes
centraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
centra
-
-
centrade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles centrar
centrares
centrar
centrarmos
centrardes
centraren
centrada
centrados
centradas