Centre National de la Recherche Scientifique
Centre National de la Recherche Scientifique
[CNRS] Institución pública creada en 1939, dependente do ministerio francés, responsable da investigación científica. Encárgase de desenvolver, coordinar e subvencionar programas científicos, amais de reunir información sobre a situación da ciencia en cada momento. Comprende tamén o INAG (Institut National de Astronomie et de Géophysique) e o IN2P3 (Institut National de Physique Nucléaire et de Physique des Particules). Como primeiro organismo francés de investigación, abrangue todos os ámbitos científicos e controla máis de 1.500 laboratorios e centros relacionados coa ciencia.