Centre National d’Études Spatiales

Centre National d’Études Spatiales
Nome científico: [CNES]

Organismo francés coordinador e elaborador de estudios espaciais creado en 1962. Dedicouse especialmente ao desenvolvemento e colocación de satélites artificiais científicos e tecnolóxicos para diversas aplicacións e a impulsar o proxecto europeo Ariane a través da súa filial Arianespace. Ten acordos bilaterais de colaboración con EE UU e Rusia.