Centro Atlántico de Arte Moderno

Centro Atlántico de Arte Moderno
Nome científico: [CAAM]

Entidade creada en 1989 en Las Palmas de Gran Canaria, destinada a promover actividades artísticas dende a óptica de Europa, África e América. Inaugurouse coa exposición Surrealismo entre el Viejo y el Nuevo Mundo e ten a súa sede nun antigo edificio rehabilitado por Francisco Sáenz de Oiza. Dirixido polo escultor Martín Chirino, ten unha colección permanente, centrada na produción artística das Canarias e de artistas españois e internacionais, e unha biblioteca. Dende 1990 publica a revista Atlántica.