Centro Coordinador do Teatro Galego
Centro Coordinador do Teatro Galego
Plataforma creada en Ribadavia (1974-1976) que aglutinou o grupo Antroido, de Santiago de Compostela; Auriense, de Ourense; Avantar, do Carballiño; Candea, de Noia; O Facho e Teatro Circo, da Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo; Martin Codax e Rosalía de Castro, de Vigo; e Valle-Inclán, de Lugo. Entre os obxectivos desta iniciativa estaban, segundo M. Lourenzo e F. Pillado, un uso exclusivo do galego, o entendemento da función social do teatro, a consecución duns niveis artísticos dignos, a descentralización, a profesionalización e o desenvolvemento dunhas infraestruturas teatrais. Esta plataforma sería un dos alicerces para a formación en 1977 da efémera Asemblea do Teatro Galego.