Centro de Arte Visual Di Tella
Centro de Arte Visual Di Tella
Centro de arte fundado en Bos Aires pola Fundación Torcuato Di Tella en 1968. Organizado baixo a dirección de Jorge Romero Brest, supuxo un apoio para o desenvolvemento da arte de vangarda. Ademais das actividades relacionadas coas artes plásticas, promocionou tamén a música, o cine, o teatro e a danza. Pechou en 1970 por problemas coa censura.