Centro Dramático Galego

Centro Dramático Galego
Nome científico: [CDG]

Compañía institucional creada en 1984 pola dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia, departamento dirixido por Luís Álvarez Pousa. O seu primeiro director foi Eduardo Alonso, ao que seguiron Ernesto Chao, Eduardo Puceiro, Dorotea Barcena (en funcións), Damián Villalaín, Xosé Manuel Blanco Gil e Manuel Guede Oliva. En 1989 a compañía integrouse na estrutura do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, organismo autónomo dependente da consellería de Cultura. Entre outros espectáculos, realizaron: Woyzeck (1984), con dirección de Xulio Lago; Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse (1985), de Eduardo Alonso; Follas Novas (1985), de Dorotea Bárcena; Caderno de Bitácora (1985), de Antonio Simón; O enfermo imaxinario (1986), de Eduardo Alonso; A noite vai coma un río (1986), de Xulio Lago; A pousadeira (1986), de Xoán Cejudo; As tres irmás (1987), de X. M. Rabón; Almas perdidas (1987), de Santiago Montenegro; O mozo que chegou de lonxe (1988), de Mario Gas; O arce no xardín (1988), de Roberto Cordovani; Salomé (1989), de Roberto Vidal Bolaño e John Eastham; As alegres casadas (1989), de Eduardo Alonso; Yerma (1990), de X. M. Blanco Gil; A casa dos afogados (1991), de Manuel Lourenzo; Así é (se vos parece) (1991), de Maximino Keyzán; O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991), de Ricard Salvat; Concerto de antroido (1992), de Joam Trillo e Xosé Manuel Rabón; Un soño de verán (1992), de Eduardo Alonso; A lagarada (1992), de Pere Planella; Historia do soldado (1993), de Joam Trillo e Manuel Guede; Un refaixo para Celestina (1993), de Antonio Simón; Leoncio e Helena (1993), de Ánxeles Cuña; A fiestra valdeira (1994), de Xulio Lago; O mariscal (1995), de Marcelino de Santiago Kukas; Nin me abandonarás nunca (1995), de Manuel Guede; Viaxe e fin de don Frontán (1995), de Antonio Simón; Nau de amores (1995), de Cándido Pazó; Hostia (1996), de Manuel Lourenzo; Como en Irlanda (1996), de Quico Cadaval; Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron (1997), de Eduardo Alonso; O peregrino errante que cansou ao demo (1997), de Xavier Lama; O bufón de El Rei (1997), de Manuel Guede; Antígona (1998), de Guillermo Heras; Valle-Inclán 98 (1998), de Xosé Martíns, Manuel Guede, Helena Pimenta e Eduardo Alonso; Lugar (1999), de Antonio Simón; Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia (1999), de Xosé Martíns; Xelmírez ou a groria de Compostela (1999), de Roberto Vidal Bolaño; Si o vello Simbad volvese ás illas (1999), de Fabio Mangolini; Os vellos non deben namorarse (2000), de Manuel Areoso; A burla do galo (2000), de Xoán Cejudo e A cacatúa verde (2001), de Eduardo Alonso e Manuel Guede. Un amplo abano de espectáculos creados respectivamente a partir de textos dos seguintes autores: Georg Büchner, Roberto Vidal Bolaño, Afonso R. Castelao, Rosalía de Castro, Francisco Taxes, Molière, Álvaro Cunqueiro, C. Goldoni, A. Čekhov, Xosé Cermeño, J. M. Synge, Roberto Salgueiro, Oscar Wilde, William Shakespeare, Federico García Lorca, Miguel Anxo Fernán-Vello, Luigi Pirandello, Álvaro Cunqueiro, Cimarosa, William Shakespeare, Ramón Otero Pedrayo, Ramuz e Stravinsky, Eduardo Blanco Amor, G. Büchner, Rafael Dieste, Ramón Cabanillas, José Posada Curros, Rafael Dieste, Gil Vicente, Armando Cotarelo, J. M. Synge e A. Villar Ponte, Aristófanes, Xavier Lama, Vicente Risco, Sófocles, Ramón María del Valle-Inclán, Raúl Dans, Jean-Luc Lagarce, Daniel Cortezón, Álvaro Cunqueiro, Afonso R. Castelao, Roberto Vidal Bolaño e Arthur Schnitzler. Un conxunto de realizacións propias, ás que habería que sumar as coproducións coas compañías Titiriti, Festa rachada (1984); Luís Seoane, Fausto (1984); Troula, Informe (1984); Caritel, Ollo ao piollo King-Kong (1985); Catro Artes, Ubúe no outeriño (1985); Luís Seoane, A larva furiosa (1985); Artello, Gulliver F. M. (1985); O Moucho Clerc, Da Vinci levaba razón (1987); e Cachirulo, Don Gaiferos (1987). Organiza, tamén, cursos de formación e actualización profesional para actores, directores, escenógrafos ou técnicos de escena. Ademais, sacou a colección Os libros do Centro Dramático Galego e a colección Centro Dramático Galego, que recolle os materias dos espectáculos producidos a partir de Un Soño de Verán.