Centro Médico
Centro Médico
Publicación subtitulada “Órgano de información de POVISA” e editada en xaneiro de 1986 en Vigo. Consta de diversas seccións, como “Punto de vista”, “Entrevista”, “Noticias de enfermería”, “Reportaje”, “Historia de la medicina”, “Actualidad médica” ou “Noticias cortas”. Introduce temas variados nos apartados de “Página infantil”, “Sociedad”, “Humor”, “Docencia” ou “Incidencias del personal”. Aínda que naceu co obxectivo de informar o persoal sanitario, co tempo ampliou os seus contidos e pasou a tratar temas de interese xeral. Amais do persoal do centro, conta, entre outras, coas colaboracións de Manuel Orío, Ángeles Domenech, Eugenio Eiroa, Manuel Lombao, María Méndez e J. García Sánchez.