centroafricano -na

centroafricano -na

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente á África central ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de África central.

    1. arte centroafricana

      Arte desenvolvida na República Centroafricana. As manifestacións artísticas máis destacables son a escultura e a pintura, ademais das mostras de artesanía de carácter popular. A escultura emprega como materiais básicos a madeira, a pedra e o metal. Entre as pezas realizadas destacan as máscaras de Baya-kara, no oeste do país, e o tambor de madeira en forma de búfalo, que se atribúe os yangere da Haute-Sangha. Os nzakara e os zande realizan tamén estatuas, bastóns de mando e instrumentos musicais. A pintura centroafricana ten unha grande antigüidade. As pinturas da cova de Ndélé semellan ser da mesma época ca as conservadas na África subsahariana. A tradición de pintar sobre os muros das casas en barro seco foise perdendo co paso do tempo e substituíuse polas pinturas realizadas con acuarelas, óleo e gouache. As mostras artesanais coñécense a través dos exploradores europeos do s XIX que deron a coñecer os tecidos feitos a man do L do país. Os banda produciron unha gran variedade de ferramenas e de armas de ferro. Tamén realizaron obxectos de coiro e de barro, e instrumentos de música tradicional. En Bangui pódense atopar cestos e utensilios de madeira, estatuas tradicionais, tecidos e xoias. Destacan tamén as escenas costumistas realizadas a lapis, tinta ou óleo sobre papel ou tea.

    2. adx

      Relativo ou pertencente á República Centroafricana ou aos seus habitantes.

    3. s

      Natural ou habitante de República Centroafricana.