centuria

centuria

(< lat centurĭa)

  1. s f

    Período de cen anos.

    Ex: No ano 2001 iniciamos unha nova centuria.

    Sinónimos: século.
  2. s f [BÉL/HIST]

    Grupo de cen soldados de a pé que cada curia proporcionaba ao exército romano antes das reformas radicais de Servio Tulio. Nas guerras púnicas a centuria, como sección da lexión integrada na unidade táctica superior do manípulo, pasou a ter uns sesenta homes que se xuntaron aos velites. A centuria volveu ao seu número orixinal de soldados coas reformas de Mario, que foron adoptadas case sen cambios durante o Imperio. Servio Tulio dividiu en centurias as cinco clases propietarias, organización que serviu de base ao establecemento dos comicios centuriados.

  3. s f [METROL]

    Medida agraria romana que equivalía a 200 xugadas.