ceramial

ceramial

(< lat científico Ceramium)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás ceramiais.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da orde das ceramiais.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Orde de algas vermellas, de aparato vexetativo nalgúns casos complexo, caracterizado por presentar os filamentos esporóxenos reducidos a unha única célula. A frutificación está rodeada e protexida por unha cuberta procedente do gametófito. Constitúe un grupo moi homoxéneo, que comprende dende xéneros filamentosos, como Ceramium ou Polysiphonia, ata xéneros con talos semellantes a plantas superiores, como o Delesseria.

Palabras veciñas

Ceram, mar de | cerambícido -da | Cerambyx | ceramial | cerámica | cerámico -ca | ceramista