ceramial
ceramial
(< lat científico Ceramium)
-
adx
Relativo ou pertencente ás ceramiais.
-
s
f
[PROTISTA]
Alga da orde das ceramiais.
-
s
f pl
[PROTISTA]
Orde de algas vermellas, de aparato vexetativo nalgúns casos complexo, caracterizado por presentar os filamentos esporóxenos reducidos a unha única célula. A frutificación está rodeada e protexida por unha cuberta procedente do gametófito. Constitúe un grupo moi homoxéneo, que comprende dende xéneros filamentosos, como Ceramium ou Polysiphonia, ata xéneros con talos semellantes a plantas superiores, como o Delesseria.