cerambícido -da
cerambícido -da
(< lat científico Cerambyx)
-
adx
Relativo ou pertencente aos cerambícidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos cerambícidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros forestais que comprende escarabellos de dimensións medianas ou grandes, co corpo alongado e estreito, e de coloración variable. Presentan un par de antenas moi longas e unhas mandíbulas fortes coas que roen a madeira. Son xilófagos e, en xeral, de costumes diurnos. A familia comprende unhas 20.000 especies representadas en todo o mundo. Pertencen a esta familia os xéneros: Aromia, Cerambyx, Clytus, Hylotrupes, Lamia, Monochamus, Prionus e Saperda. Tamén reciben o nome de lonxicornios.