Cerdà i Sunyer, Ildefons

Cerdà i Sunyer, Ildefons

Enxeñeiro, urbanista e político. Cursou os seus primeiros estudios no seminario de Vic, onde se trasladara a súa familia, de tradición liberal, ao producirse o alzamento dos Malcontents en 1827. Ampliou estudios de matemáticas e de arquitectura en Barcelona e en 1835 trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1841. Como enxeñeiro do Estado foi destinado a Teruel, Tarragona, Girona e Barcelona, cidade na que se estableceu en 1849. Interesado no estudo do urbanismo, relacionouse cos ambientes progresistas e revolucionarios de Barcelona, influídos polas doutrinas do socialismo utópico, especialmente as de Cabet. Foi amigo de Narcís Monturiol e Ramón Martí i Alsina. Centrou os seus estudios sobre os problemas da reforma e ensanche de Barcelona, no momento en que se produciu o derrubamento das súas murallas. Afiliado ao partido progresista, foi deputado en Cortes en 1850 e durante o Bienio Progresista, comandou o batallón de zapadores da milicia nacional; foi síndico de Barcelona en 1854. En 1855 acompañou a unha delegación de traballadores barceloneses ata Madrid para discutir os problemas do asociacionismo obreiro. En 1859 unha orde real aprobou o seu proxecto de reforma de Barcelona que motivaría duras polémicas cidadás malia non se aplicar na súa totalidade. O seu plan respectaba a parte histórica da cidade e ideaba os novos sectores cunha disposición en cuadrícula con amplas rúas e vivendas en forma de L, edificados só en dous lados do bloque de vivendas e con amplos espacios libres. Non obstante , construíuse ao redor dos catro lados dos bloques sen deixar o espazo interior libre. A Revolución do 1868 levouno de novo á vida pública e ingresou no partido federal. Interveu, como vicepresidente da Diputació de Barcelona, nas discusións para a proclamación da República (1873) e nas da proclamación do Estat Català, foi vicepresidente da Diputació que presidiu Ramon Arabia e presidente da Diputació de Barcelona (1873-1874). É autor do estudo Teoría general de la urbanización y aplicación de sus principios y doctrinas a la reforma y ensanche de Barcelona (1867).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : El Cerdà de la Garga, Centelles

  • Deceso

    Lugar : Caldas de Besaya, Cantabria