cerebrósido
cerebrósido
(< cerebro- + ósido)
s
m
[BIOQ]
Galactolípido que contén unha molécula de esfingosina unida en posición 1 cun azucre, a galactosa, e tamén unida cun enlace amídico a un ácido graxo de peso molecular elevado. Os cerebrósidos non conteñen fósforo. Están no cerebro e noutras partes do sistema nervioso en cantidades considerables, especialmente na mielina. Suponse que a súa función está relacionada coa transmisión dos impulsos nerviosos.