cereixa
(< lat v cerĕsĭa< lat cerăsĭum ‘cerdeira’)
-
s
f
[BOT]
Froito da cerdeira, de forma arredondada, duns dous centímetros de diámetro e de pel lisa vermella escura, aínda que pode variar de amarela a negra nas distintas variedades de cultivo. Está unido á árbore por un pedúnculo delgado e longo, e ten sabor doce ou agridoce. A cereixa branca é unha variedade de gran tamaño e de cor case branca; a cereixa brava é pequena e de sabor acedo; a cereixa pataqueira é grande e de pouco sabor; e a picota é de cor vermella escura e sabor moi doce, que se adoita comercializar sen pedúnculo. É un froito rico en potasio e vitaminas A e C, e ten efectos laxantes. Emprégase para obter extractos e destilados que se usan como saborizantes. Consómese fresca ou en marmelada e utilízase frecuentemente en preparacións pasteleiras e confiteiras e na elaboración de licores (Chesky, Kirsch, Marrasquino, Rocher e outros). En Galicia celébranse varias festas gastronómicas da cereixa, a máis importante é a de Beade (Vigo). Na tradición oral recóllense ditos como: “As cereixas e as malas falas, cóllense poucas e veñen a presadas. Cereixas e mentiras unhas das outras tiran. Da cereixa ao cimón, vén che vai pión; do cimón á cereixa xa me darás a queixa. Dende as cereixas aos nabos, ben estamos; dos nabos ás cereixas todas son queixas. Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove”.
-
-
s
f
Froito semellante a unha cereixa.
-
cereixa de raposo
[BOT]
Froito da hedra.
-
cereixa do can
[BOT]
Froito do espiño.
-
cereixa dos paxaros
[BOT]
Froito do acivro.
-
s
f
-
adx e s
f
Que ten cor vermella escura, semellante á que adquiren algunhas clases de cereixas cando están maduras.
Ex: Comprou un xersei vermello cereixa.
Refráns
- As cerdeiras e os ladróns, anque prendan non son bos.
- Cereixas e malas fadas, cóllense pouquiñas e veñen moitas engarradas.
- Dende maio a xullo as cereixas son coma puños.
- En maio xa leva as cereixas o gaio.
- Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
- Se por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
- Unha cereixa trae consigo unha ducia ben feita.