Cereixo, Santiago do
Cereixo, Santiago do
Igrexa románica situada en Vimianzo, construída na segunda metade do s XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal, decorado con distintas molduras, descansa sobre dous pares de columnas con capiteis vexetais de clara vinculación co foco románico compostelán. No exterior da nave e da ábsida consérvanse un gran número de canzorros con figuras humanas e de animais. No tímpano da porta sur hai un relevo no que se representa a translatio do corpo do apóstolo Santiago a Galicia. É unha imaxe pouco frecuente no románico galego, xa que só se repite nunha moeda da época de Fernando II atopada no Grove.