Cerha, Friedrich
Cerha, Friedrich
Director de orquestra e compositor. Formouse en Viena, cidade onde desenvolveu a súa actividade docente e onde fundou, en 1958, o conxunto de cámara Die Reihe, dedicado á interpretación da música da escola de Viena. Entre as súas obras destaca o ciclo orquestral Spiegel I-VII (1960-1971) e a ópera Baal (1981). En 1979 fixo a posta en escena das partes que faltaban da ópera Lulu, de Alban Berg, que el mesmo finalizou.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena