Čerminova, Maria

Čerminova, Maria

Pintora. Coñecida como Toyen, participou no grupo artístico vangardista de Praga que experimentou coas diferentes estéticas das primeiras vangardas artísticas. Despois dunha primeira estadía en París (1925-1929), orientouse cara ao surrealismo. Instalouse definitivamente en París en 1947 e contactou cos surrealistas. A súa obra conserva unha figuración onírica e descontextualizada semellante á estética de Magritte. Entre as súas obras destacan a serie de debuxos Os espectros do deserto (1937) e O castelo de Lacoste (1946).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : París