Cerqueira

Cerqueira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, dous leóns de prata, enfrontados, o do lado destro rampante e o do sinistro sentado, postos ambos os dous sobre unha terraza de sinople. Outra variante leva, en campo de ouro, un oso de sable, de fronte, acompañado doutros dous osos de sable, tamén enfrontados, un a cada lado.