Cerqueiro

Cerqueiro
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica que remite ao latín cerquariu ‘carballo cerquiño’. Documéntase no s XVII: “Pedro Serqueyro” (doc ano 1670 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 545).