Cerrito, Fanny

Cerrito, Fanny

Bailarina e coreógrafa. Estudiou danza en Nápoles e debutou no Teatro de Fondo co ballet de Galzerani L’Oroscopo (1932); nesta mesma cidade tamén estreou os ballets Bianca di Messina (1833), L’Ereditá (1834) e Amore e Psiche (1835), de Salvatore Taglioni. En 1836 contratouna o Kärntnertor Theater de Viena. Entre os anos 1838 e 1840 foi a primeira bailarina da Scala de Milán, en 1840 realizou a coreografía de Pas de Fascination, do ballet Alma no Her Majesty’s Theatre de Londres, e debutou en L’Opèra de París con La fille de Marbre (1847). A súa última coreografía foi Gemma (1854), de Gabrielli e con libreto de Théophile Gautier, e a súa derradeira actuación celebrouse no Lyceum Theatre de Londres en 1857.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nápoles

  • Deceso

    Lugar : París