Cerveteri

Cerveteri

Cidade amurallada do centro de Italia, composta por doce cidades, que formou parte da antiga federación etrusca. Mantivo relacións comerciais notables con Grecia e Oriente a través dos seus portos ata que os gregos destruíron un deles (385 a C). Posteriormente entrou nunha etapa de decadencia, abandonou a liga etrusca (351 a C), e foi anexionada por Roma. Conserva unha importante necrópole etrusca dotada de tumbas tumulares, con cámaras cubertas por falsas bóvedas e decoradas con pinturas ao fresco.